Rueda participa nos actos centrais das festas patronais de San Xoán en Poio

Poio
24 de xuño 2026

Os actos contaron cunha ampla participación cidadá e institucional, consolidando unha das celebracións máis arraigadas e multitudinarias do municipio

El presidente de la Xunta participa en los actos de celebración de San Xoán en Poio / Xunta de Galicia

O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, participou este mércores nos actos centrais das festas patronais de San Xoán que organiza anualmente o Concello de Poio.

Estivo acompañado pola conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue; o presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López; e o alcalde de Poio, Ángel Moldes.

As autoridades asistiron á recepción oficial celebrada na Casa do Concello antes de participar na tradicional misa solemne e na posterior procesión que percorreu a contorna do mosteiro de Poio en honra ao patrón da localidade.

A xornada festiva comezou ás 10.00 horas co pasarrúas das agrupacións locais, encargadas de espertar o municipio nunha das datas máis sinaladas do calendario festivo.

Posteriormente, ás 11.30 horas, celebrouse a tradicional Baixada a San Martiño xunto ao Grupo Folclórico Vides Novas, preludio da misa solemne das 12.00 horas, cantada polo Coro Virxe da Renda.

Tras o oficio relixioso, a Banda de Música de Marín ofreceu un concerto na Praza do Mosteiro, congregando a numerosos veciños e visitantes.

A programación continuará pola noite cun recital da Escola de Acordeóns de Campelo en Vilariño, previsto para as 21.00 horas.

A partir das 22.00 horas, as orquestras Ritmo Joven e Charleston Big Band protagonizarán a gran verbena en A Seca, poñendo o broche final a unha intensa xornada de celebración dedicada a San Xoán.