Rumbo a Ons desde As Corvaceiras

Pontevedra
13 de setembro 2020

A Navieira Mar de Ons estreou esta fin de semana un novo servizo: Pontevedra-Ons. Con saída desde o porto de As Corvaceiras ás 10:45 horas e a hora de regreso desde a Illa de Ons ás 18:30 horas

Embarque á illa de Ons dende ás Corvaceiras
Embarque á illa de Ons dende ás Corvaceiras / Naviera Mar de Ons

A Navieira Mar de Ons estreou esta fin de semana un novo servizo: Pontevedra-Ons.

Con saída desde o porto de As Corvaceiras ás 10:45 horas e a hora de regreso desde a Illa de Ons ás 18:30 horas.

Silvia Torres, responsable comercial da navieira, comentou que "este porto de saída convértese no broche final da tempada alta" que finaliza o 15 de setembro.

Durante esta tempada "achegamos distancias entre o Parque Nacional das Illas Atlánticas e diferentes puntos da costa galega coa finalidade de que os visitantes puidesen gozar deste paradisíaco destino", apunta Silvia. 

En concreto, os interesados en pasar un día no Parque Nacional da Illa de Ons puideron elixir entre os portos de Sanxenxo, Portonovo, Bueu, Vigo, Combarro e esta fin de semana sumouse o de Pontevedra aínda que xa organizaban viaxes para grupos.