Sábado 20 de febreiro, día de feira en Ponte Caldelas

Ponte Caldelas
17 de febreiro 2021

Os postos de alimentación, téxtil, calzado e ferraxería volven á Alameda e á Praza de España da vila despois da suspensión preventiva das últimas semanas. Segundo o goberno local, este mercado estará adaptado as medidas de seguridade establecidas polas autoridades sanitarias coa presencia só do 50% dos postos habituais para cumprir as distancias

Feira de Ponte Caldelas
Feira de Ponte Caldelas / Concello de Ponte Caldelas

O sábado 20 volve a feira á Alameda e á Praza de España de Ponte Caldelas despois da suspensión preventiva durante as últimas semanas debido ao incremento dos contaxios por covid-19 no municipio.

Durante esta fin de semana, os postos de alimentación, téxtil, calzado e ferraxería instalaranse nos lugares que o goberno local habilita para establecer os puntos de venda. Redúcense ao 50% da presenza habitual para que se garanta o cumprimento da distancia social e de todas as medidas de seguridade marcadas polas autoridades sanitarias.

As persoas que acudan para realizar as súas compras neste mercado ambulante deberán levar a máscara colocada en todo momento, hixienizar as mans nas fontes de  hidrogel desinfectante instaladas polo Concello de Ponte Caldelas e manter a distancia social tanto con outros clientes como cos vendedores.