Sábado de iluminación de Nadal nas sete parroquias de Sanxenxo

Sanxenxo
04 de decembro 2020

O aceso será a partir das 18.30 horas sen celebrar acto de inauguración para evitar aglomeracións de público. Instalaranse dez recunchos con 262 elementos decorativos en espazos do municipio. Permanecerán iluminados ata o 10 de xaneiro

Iluminación de Nadal en Bordóns
Iluminación de Nadal en Bordóns / Concello de Sanxenxo

Este sábado 5 de decembro acenderase a iluminación do Nadal nas sete parroquias do municipio de Sanxenxo. A hora prevista do inicio da iluminación márcase ás 18.30 horas sen que leve a cabo un acto de inauguración nin outra actividade. A intención do goberno local é evitar aglomeracións de público que poidan poñer en risco á poboación.

Dez recunchos atópanse xa adornados con 262 elementos decorativos e a iluminación destes espazos permanecerá ata o 10 de xaneiro. Con esta iluminación especial desde o  Concello queren animar a adultos e menores a realizar as compras nos establecementos do municipio coa estimulación da actividade comercial hostaleira neste ano complicado para a actividade económica debido á pandemia.

O goberno de Telmo Martín anuncia que non haberá celebración da cabalgata de Reis Magos e tampouco será posible instalar a carpa do Nadal para evitar as aglomeracións. A cambio, a iluminación destas festas ascenda a 95.000 euros coa idea de compensar a ausencia doutras actividades. O alcalde afirmaba que "Sanxenxo aposta pola alegría, a esperanza e a confianza en que 2021 será moi distinto porque poderemos recuperar a vida tal e como era antes".