Sábado de ricas filloas en Valongo

Cerdedo Cotobade
02 de setembro 2023

O sábado sabe e cheira a filloa en Cerdedo-Cotobade. O lugar de Valongo reencontrouse cunha das súas citas gastronómicas máis antigas, a XLV Festa Gastronómica da Filloa. Os asistentes gozaron da destreza na cociña de preto de 30 cociñeiros

XLV Festa Gastronómica da Filloa en Valongo
XLV Festa Gastronómica da Filloa en Valongo / Concello de Cerdedo-Cotobade

O sábado sabe e cheira a filloa en Cerdedo-Cotobade. O lugar de Valongo reencontrouse cunha das súas citas gastronómicas máis antigas, a XLV Festa Gastronómica da Filloa

A elaboración das prestixiosas filloas de Valongo comezou a partir das 18.30 horas e, pouco despois, un público numeroso agardaba xa para a súa degustación no campo das festas

Baixo unha carpa habilitada pola comisión, e cunha festa amenizada pola actuación da Charanga MIL9, gozaron da destreza na cociña de preto de 30 cociñeiros que colabora para que esta festa gastronómica resulte todo un éxito. 

O doce púxose á venda por un prezo de 10 euros a ducia e a cidadanía encheu os ocos dispoñibles. 

Á cita non faltou o alcalde, Jorge Cubela, que mantivo un encontro cos responsables da cociña e tamén gozou do sabor das filloas. 

Pola noite, a partir das 22:30 horas, a organización programou unha verbena amenizada pola orquestra Favorita e o grupo Distrito 7. Ás 23:55 horas é o momento dunha tirada de fogos de artificio.

Este domingo, 3 de setembro, a partir das 12.00 horas, entregaranse os trofeos da XLV Festa da Filloa de Valongo.

Media hora máis tarde fará entrada a Banda de Gaitas Foula e ás 13:15 horas terá lugar a misa solemne seguida de procesión.