Sabías que a cera das abellas se empregou como empaste para as moas?

Pontevedra
18 de agosto 2016

Continúa a Feira do Mel 'Meleira' ata o domingo 21 coa posta en marcha de diferentes actividades que espertan a curiosidade dos numerosos visitantes que se achegan a esta carpa situada na rúa Sierra, fronte ao Mercado de Abastos

Feira do Mel Feira do Mel

Continúa a Feira do Mel, Meleira, na rúa Serra, fronte ao Mercado de Abastos. Durante a tarde deste mércores, técnicos do Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre ofreceron unha charla aos asistentes sobre curiosidades das abellas nas  épocas prehistóricas.

Desta forma explicouse como se empregaba a cera das abellas para facer pegamento na prehistoria coa axuda de resina de piñeiro e cinza picada. Outra das curiosidades que máis sorprendeu ás persoas que acudiron ata a carpa foi comprobar que en Eslovenia atopouse unha mandíbula completa de hai 6.000 anos con dous dentes nos que eliminaran as caries e encheran os ocos utilizando cera de abella.

Durante este xoves 18, ás 20.00 horas realizarase unha degustación comentada do Ouro Doce da natureza galega a cargo de Mel de Galicia. Durante a xornada do venres 19 presentarase a cervexa elaborada con mel, ademais da posta en marcha de talleres de globoflexia e maquillaxe para os escolares desde as 19.00 ata as 22.00 horas, unha actividade que se repetirá durante o vindeiro domingo á mesma hora. Durante todos os días tamén leva a cabo un obradoiro de extracción de mel.

A Feira do Mel permanecerá aberta ata o domingo 21.