Sacan a licitación a mellora da accesibilidade do colexio Marcos da Portela de Monte Porreiro

Pontevedra
26 de febreiro 2018

A Xunta de Goberno local deste lunes deu verde ao expediente de contratación do proxecto de mellora da accesibilidade na rúa Suecia, unha actuación que permitirá mellorar a seguridade peonil do alumnado do citado colexio para que poidan acceder andando sen riscos 

CEIP Marcos da Portela de Monte Porreiro
CEIP Marcos da Portela de Monte Porreiro / Mónica Patxot

A mellora dos accesos e da seguridade viaria aprobada polo Concello de Pontevedra para os colexios Vilaverde de Mourente, A Carballeira de Lourizán, Lérez, Salcedo e Ponte Sampaio terá unha continuidade no CEIP Marcos da Portela do barrio de Monte Porreiro. 

A Xunta de Goberno local deste lunes deu verde ao expediente de contratación do proxecto de mellora da accesibilidade na rúa Suecia, unha actuación que permitirá mellorar a seguridade peonil do alumnado do citado colexio para que poidan acceder andando sen riscos. 

O portavoz do goberno local, Raimundo González, explicou que o proxecto, que sae a licitación por 218.825 euros, inclúe a instalación de 'lombos' ou pasos sobreelevados, o arranxo e ampliación de beirarrúas e a renovación da sinalización.

A actuación ten un prazo de execución de catro meses e completarase coa redución da circulación a un carril en sentido único e a habilitación de aparcadoiros a ambos lados da rúa facendo unha reserva para o centro de ensino.

Na actualidade, a rúa Suecia péchase ao tráfico un cuarto e hora antes e un cuarto de hora despois da entrada e saída do centro de ensino. É dicir, prohíbese a circulación de 08.45 a 09.15 e de 13.45 a 14.15 horas