Sae a exposición pública o proxecto de ampliación da EDAR de Paxariñas

Poio
27 de outubro 2022

Un acordo entre Sanxenxo, Poio e Acuaes permitirá realizar un investimento de 17 millóns de euros na mellora de saneamento e depuración

Panel de obras
Panel de obras / Concello de Sanxenxo

O Ministerio de Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico deu luz verde á incoación do expediente de información pública do “Proxecto de construción de ampliación da EDAR de Paxariñas e actuacións en colectores”. Unha vez publíquese o documento no BOE e no BOP, as persoas interesadas poderán consultalo durante un prazo de 20 días.

O acordo a tres bandas entre Sanxenxo, Poio e Acuaes permitirá un investimento de 17 millóns nesta primeira fase para a mellora e modernización da rede de saneamento e depuración. 

As obras teñen un prazo de execución de 18 meses e está previsto que se liciten en 2023. A actuación será cofinanciada nun 50% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional Feder 2014-2020. O outro 50% adiántao Acuaes, 8,5 millóns, que serán devoltos por Sanxenxo (5,5 millóns) e Poio (3 millóns) nun prazo de 25 anos. 

En Sanxenxo, a ampliación prevista na EDAR de Paxariñas permitirá duplicar a capacidade de tratamento e pasar de dous a catro fases cun pretratamiento, unha decantación secundaria, un tratamento biolóxico, e unha desinfección por ultravioleta. A decantación realizarase con 4 novos depósitos de 28,3 metros de diámetro que se situarán nunha parcela lindeira de 8.000 metros cadrados.

O proxecto inclúe ademais un novo bombeo en Areas e melloras nos de Dorrón, Nanín, Porto de Sanxenxo, O Espiñeiro e Montalvo. Outra actuación de gran calado incluída no proxecto é a execución do novo emisario submarino de 1.300 metros de lonxitude e 630 milímetros de diámetro.