Sae ileso tras perder o control do turismo en Cambados e impactar contra os postes dunha viña

O Salnés
26 de xullo 2023

O servizo de Emerxencias do Concello de Cambados achegábase este mércores ata o lugar onde se producía a saída de vía na PO-300 ao seu paso pola parroquia de Vilariño

O vehículo accidentado na PO-300 Servizo de Emerxencias

Efectivos do servizo de Emerxencias do Concello de Cambados acudían este mércores, arredor das 12.30 horas, ata a parroquia de Vilariño, alertados pola saída de vía dun vehículo. 

O accidente producíase na PO-300. Por causas que se investigan, o condutor perdía o control do turismo e terminaba precipitándose por un terraplén.

Finalmente, o vehículo impactaba frontalmente contra un poste da luz e contra varios postes dunha leira de viñas.

Segundo indican os servizos de Emerxencias, o condutor resultaba ileso neste accidente.