SAL renova a súa xunta directiva

Sanxenxo
26 de xaneiro 2018

Despois dunha campaña de captación na que se incorporaron máis dunha trintena de novos afiliados, a segunda forza política de Sanxenxo nas últimas eleccións, pretende consolidarse dentro do panorama político municipal

Pleno de renuncia de Gonzalo Pita como alcalde de Sanxenxo
Pleno de renuncia de Gonzalo Pita como alcalde de Sanxenxo / Mónica Patxot

A xunta xestora de Sanxenxo Agrupación Liberal (SAL) levará á asemblea que se celebrará o vindeiro domingo 29 a elección de nova xunta directiva.

Despois dunha campaña de captación na que se incorporaron máis dunha trintena de novos afiliados, a segunda forza política de Sanxenxo nas últimas eleccións, pretende consolidarse dentro do panorama político municipal. Para iso una das medidas inmediatas será a elección dunha nova xunta directiva.

Ademais, a xunta xestora tratará entre outros temas a aprobación de contas ou a modificación dos estatutos, dando cabida á posibilidade de elixir a figura de coordinador, que realizaría a función de mediación entre o partido político e o grupo municipal.

O acto terá lugar, ás 11:30 horas en primeira convocatoria e ás 12:00 en segunda convocatoria, no local social e cultural de Vilalonga (antigo Hotel Ribago).