Salcedo Norte convida a visitar o seu belén artesanal

Pontevedra
15 de decembro 2022

A Asociación de veciños Salcedo Norte xa ten instalado o seu belén artesanal e convidan a toda a cidadanía a visitalo no seu local social situado no Centro Sur, en Campolongo

Alumnos da asociación Xoán XXIII visitan o belén da Asociación Salcedo Norte
Alumnos da asociación Xoán XXIII visitan o belén da Asociación Salcedo Norte / PontevedraViva

A Asociación de veciños Salcedo Norte xa ten instalado o seu belén artesanal e convidan a toda a cidadanía a visitalo no seu local social situado no Centro Sur, en Campolongo.

Este xoves acudiron un grupo de alumnos da asociación Xoán XXIII, que foron recibidos polas creadoras deste belén.

Boa parte das figuras foron feitas en barro por Chelo Jar, a impulsora desta iniciativa que faleceu recentemente. Ela foi profesora durante décadas no instituto Frei Martín Sarmiento e encantáballe a pintura e a escultura chegando a formarse para traballar con pedra na Escola de Canteiros.

Elvira Rial, Fita González, Lita Fírvida, Herminia Lustres e Suso Mariño foron as encargadas de traballar este ano na montaxe deste nacemento ao que incorporaron un novo castelo.

Este belén está aberto para o público xeral de luns a venres, excepto festivos, en horario de 17:30 a 19:30 horas. 

"Ademais se alguén está interesado en visitalo e non puidese facelo neste horario poderá poñerse en contacto coa asociación e non habería problema en abrilo cando fose preciso", apuntan desde a asociación.