Salcedo rende homenaxe ás vítimas da represión franquista

Pontevedra
18 de decembro 2016

Salcedo foi, ao igual que Mourente e Lérez, unha das parroquias máis activas de Pontevedra no movemento agrario, obreiro e de esquerdas, polo que sufriu numerosos ataques aos seus veciños. Durante este sábado lembrouse nun acto ás mulleres represaliadas, resistentes e solidarias da parroquia

Homenaxe en Salcedo a persoas represaliadas
Homenaxe en Salcedo a persoas represaliadas / José Luiz Oubiña www.joseluizoubina.com

A parroquia de Salcedo lembrou ás persoas que perderon a súa vida ou sufriron os danos do golpe de estado co levantamento militar de Franco. Esta parroquia foi unha das máis activas do concello de Pontevedra, xunto con Mourente e Lérez nos inicios do século XX. O seu movemento agrario, obreiro e de esquerdas provocou que se convertese en obxecto dos castigos contra a xente traballadora, que chegaron a pagalo coa morte, a carcel, a rapa, a tortura, violacións ou tatuaxes.

Durante este sábado levou a cabo o acto 'Salcedo, a represión franquista contra a loita obreira e agraria' para homenaxear ás persoas que foron vítimas da represión.

Coa presenza do concelleiro Luís Bará iniciouse unha ruta da memoria polos lugares de Ruibal e A Torre visitando a casa queimada na que asasinaron a Manuel Gómez Corbacho e a Manuel Méndez Montes. O historiador Xosé Álvarez Castro e a xornalista e escritora Montse Fajardo interviñeron facendo un repaso á historia das vícimas para a continuación descubrir un panel de homenaxe.

A continuación desenvolveuse unha ofrenda de música, ver e flores no cemiterio parroquial en memoria dos presos do cuartel de Figueirido con intervención dos familiares.

Os actos concluíron na Casa Verde, cunha proxección de fotografías de persoas represalidas da parroquia de Salcedo.