'Salmorejo' con bonito do norte Pescamar

Pontevedra
07 de agosto 2021

Mergullámonos nunha nova entrega de "A cociña gourmet en conserva" cunha receita tradicional da temporada de verán, o 'salmorejo' cordobés, que imos enriquecer co sabor e as calidades que lle achega o bonito do norte en aceite de oliva de Conservas Pescamar

'Salmorejo' Foto creada por azerbaijan_stockers - www.freepik.es

Mergullámonos nunha nova entrega de "A cociña gourmet en conserva" cunha receita tradicional da temporada de verán, o 'salmorejo' cordobés, que imos enriquecer co sabor e as calidades que lle achega o bonito do norte en aceite de oliva de Conservas Pescamar.

O Bonito do Norte Pescamar é un peixe azul rico en graxa saudable, xa que contén unha gran cantidade de ácidos graxos poliinsaturados. Ademais, o enlatado con aceite de oliva dálle un valor engadido, "xa que unen ás calidades positivas dos ácidos graxos poliinsaturados Omega 3, o feito de que achegan unha cantidade importante de ácido oleico procedente do aceite de cobertura", como nos lembra o FROM, o organismo do Ministerio de Agricultura e Pesca encargado de regular o mercado dos produtos do mar, en cuxa web se recolle esta receita.

Para preparar este delicioso 'Salmorejo' con bonito do norte Pescamar necesitamos os seguintes ingredientes:

- 2 latas de Bonito do Norte en aceite de oliva Pescamar

- 1 kg. tomates maduros

- 1 pemento

- 1 dente de allo

- 2 rebandas de pan

- 100 ml. aceite de oliva virxe extra

- 2 culleradas de vinagre

- Sal

- Ovo cocido picado para decorar

Preparación:

Pasamos os tomates pola batedora. Engadimos as rebandas de pan apenas uns minutos para que se abranden.

Incorporamos o dente de allo, ao que previamente retirariamos a parte central para evitar que repita, o pemento cortado en anacos, o sal, o aceite oliva, o vinagre e as dúas latas de Bonito do Norte en aceite de oliva Pescamar co seu aceite, das que reservaremos algunhas porcións de bonito para a presentación final.

Batemos todos os ingredientes.

Para servir, introducimos a crema nun bol e decoramos co ovo picado, porcións de bonito e un chorriño de aceite de oliva.

En dúas semanas os produtos do mar serán de novo protagonistas dunha nova receita de "A cociña  gourmet en conserva" de Conservas Pescamar.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora