Samieira recupera este 4 de xullo a verbena de San Antón cos Satélites e DJ Paco Vulkano

Poio
04 de xullo 2024

A mediados de xuño as choivas obrigaron á comisión de festas a suspender os actos previstos para as festas patronais

Los Satélites
Los Satélites / Orquesta Los Satélites

A parroquia de Samieira terá este xoves 4 de xullo unha velada festiva para recuperar a verbena que as choivas impediron a mediados de xuño cando estaban sinaladas as festas en honra a San Antón

Naquel momento ante as desfavorables condicións meteorolóxicas a comisión de festas optou por cancelar os actos previstos. Esa cancelación foi finalmente un aprazamento xa que ás 21.30 horas deste xoves comezará a verbena con actuación da orquestra Os Satelites e de DJ Paco Vulkano. A cita lúdica será na praza Alfredo Romay.

Durante as actuacións estarán abertas barras de venda de bebidas nas que se repartirán vasos reutilizables facilitados polo Concello de Poio. O custo destes vasos pódese recuperar se se devolven unha vez acabada a consumición ou tamén se poden conservar para ser reutilizados.