San Marcos presenta o seu novo vehículo fúnebre

Pontevedra
16 de marzo 2019

O empresario Juan Perdiz explicou que esta nova adquisición "enmárcase no plan de expansión que iniciou a empresa hai varios anos" apostando pola "innovación constante", e isto inclúe a incorporación nos servizos que ofrece de modernos vehículos con "deseños exclusivos"

Juan Perdiz xerente de Servicios Funerarios San Marcos PontevedraViva

A empresa San Marcos, que opera en gran parte da provincia, presentou este sábado na Praza Peregrina a súa última adquisición, un novo vehículo fúnebre marca Jaguar que se unirá á súa moderna frota.

O empresario Juan Perdiz explicou que esta nova adquisición "se enmarca en el plan de expansión que inició la empresa hace varios años" apostando pola "innovación constante", e isto inclúe a incorporación nos servizos que ofrece de modernos vehículos con "deseños exclusivos".

San Marcos quere continuar liderando as prestacións que desde hai varios anos vén ofrecendo aos seus clientes con esta exclusiva adquisición de vehículo fúnebre.

Juan Perdiz sinalou que este tipo de detalles "de calidad" son demandados pola cidadanía aínda que "no aportará más costes al servicio". 

Esta nova aposta está en consonancia non só coa propia frota de vehículos, senón tamén coas melloras de ampliación e modernización que se están levando a cabo no Tanatorio e os novos proxectos que verán a luz en breve como a futura Sala Velatoria que se situará en Ponte-Caldelas.