Sanidade fará cribados en A Illa, O Grove e Bueu pola alta incidencia da covid-19

Bueu
25 de decembro 2020

A finalidade destes cribados é detectar o maior número posible de positivos asintomáticos, o que permitirá reducir a cifra de contaxios. Estes cribados vanse a realizar especialmente a persoas de rangos diversos de idade que presentan unha incidencia acumulada elevada

Entrada á zona de realización de probas de cribado de COVID no Hospital Provincial
Entrada á zona de realización de probas de cribado de COVID no Hospital Provincial / Mónica Patxot

A incidencia da covid-19 disparouse en varios municipios da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés. Foi a tan nivel que Sanidade fará cribados preventivos con PCR á súa poboación.

Será en A Illa de Arousa (1.949 casos por cada 100.000 habitantes), Bueu (650), O Grove (563) e Vilagarcía de Arousa.

A finalidade destes cribados é detectar o maior número posible de positivos asintomáticos, o que permitirá reducir a cifra de contaxios.

Estes cribados vanse a realizar especialmente a persoas de rangos diversos de idade que presentan unha incidencia acumulada elevada.

As autoridades sanitarias farán estas probas en coordinación con estas catro localidades.

Así, á previsión para esta toma de mostras -que xa comezou onte, 24 de decembro, en Vilagarcía de Arousa nun gromo xurdido nun colectivo de etnia xitana- continuará mañá sábado 26 cun cribado poboacional voluntario en A Illa de Arousa.

Será no centro de saúde e para unha poboación diana de preto de 500 persoas de 15 a 24 anos, en quendas de mañá -de 9 a 15 horas- e de tarde -de 16 a 19 horas-. 

Así mesmo, está planificado un cribado preventivo con PCR a persoal do sector da hostalería do concello de Bueu para o vindeiro 28 de decembro.

De xeito complementario, os vindeiros martes 29 e mércores 30 de decembro farase outro cribado poboacional voluntario en O Grove -a efectuar no pavillón municipal- entre unha poboación diana de preto de 1.000 persoas e 15 a 24 anos, en quendas de mañá -de 10 a 15 horas- e de tarde -de 16 a 19 horas-. 

A área sanitaria contempla efectuar así mesmo un novo cribado voluntario a persoal do centro comercial de Vilagarcía de Arousa este vindeiro sábado día 2 de xaneiro.

En caso de que a incidencia epidemiolóxica continúe no actual nivel alto, non se descarta que en vindeiras datas houbera que efectuar novas planificacións preventivas cara a ampliar os cribados con PCR a máis poboación destas catro localidades.