Sanidade reduce os tempos de espera para operacións e especialistas en Pontevedra e O Salnés

Pontevedra
27 de xullo 2021

O Sergas sitúa o Plan de Recuperación Asistencial como ferramenta clave para conseguir situar estas demoras en niveis de xuño do 2020, pero aínda son máis elevados que na época  prepandemia

Hospital de Montecelo
Hospital de Montecelo / Mónica Patxot

Os tempos medios de espera para recibir atención médica na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés reducíronse no primeiro semestre do 2021. Así o aseguran desde a xerencia, que sitúan ao Plan de Recuperación dá Actividade Asistencial activado o pasado mes de abril polo Sergas como o detonante desta recuperación.

O impacto deste plan, segundo Sanidade, mellorou os tempos medios de espera na sanidade pública galega en Pontevedra e O Salnés con respecto a finais do 2020 alcanzando os 71,1 días de media de lista de espera para somerterse a unha intervención cirúrxica.

Por hospitais, o tempo medio de espera para ser operado no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra é de 75,7 días, 19 menos que o pasado 30 de xuño do 2020. Polo seu partem no Hospital do Salnés sitúase nos 42,9 días polos 76,6 do mesmo período do ano anterior. 

Por servizos, Cirurxía Cascular, con 35 días; e Oftalmoloxía, con 39,8 días, son os que presentan as cifras máis moderadas. Pola contra, Traumatoloxía, con 103 días é o servizo que maior tempo de espera presenta. No Hsopital do Salnés, Uroloxía, con 16,5 días, é o servizo con menor demora, mentres que oftalmoloxía, con 48,3, o que presenta unha período de agarda maior. 

A demora media global en consultas na área sanitaria descenderon no primeiro semestre do 2021 ata os 31,6 días, unha cifra similar á época prepandemia. Oncoloxía e Dixestivo son os que menos fan esperar aos pacientes, mentres que Dermatoloxía, o que máis. 

Máis tardan en revelarse os resultados das probas diagnósticas. En Radioloxía tardan de media 42,1 días, mentres que en endoscopias sitúase en 25,6 días. Para un TAC no CHUP toca esperar ao redor de 24,5 dçias, mentres que para unha resonancia ou unha endoscopia dixestiva sitúase en 19 días.