Santa Bárbara viste a guerreira para celebrar o seu día cos artilleiros da Brilat

Pontevedra
04 de decembro 2015

Os compoñentes do Grupo de Artillería da BRILAT (GACAAT VII) celebraron unha serie de actos na base pontevedresa na honra da súa patroa, Santa Bárbara, e dos Enxeñeiros de Armamento e Material

Parada militar na BRILAT na honra de Santa Bárbara, patroa de artillería
Parada militar na BRILAT na honra de Santa Bárbara, patroa de artillería /

Algúns se acordan de Santa Bárbara só cando trona. Na BRILAT, cada 4 de decembro.

A base General Morillo de Pontevedra vestiu este venres de gala para honrar a Santa Bárbara, patroa da arma de Artillería.

Os compoñentes do Grupo de Artillería da BRILAT (GACAAT VII) celebraron unha serie de actos na honra da súa patroa, e dos Enxeñeiros de Armamento e Material, sendo a máis vistosa a parada militar, celebrada baixo a presidencia do Xeneral Luís Cebrián.

A parada militar consistiu nunha formación do Grupo de Artillería da BRILAT, unha imposición de condecoracións, un acto homenaxe aos que deron a súa vida por España, a entoación do Himno de Artillería e da BRILAT e un desfile das tropas.