Sanxenxo acorda sumar representantes do ámbito sanitario, xudicial e educativo á Mesa contra a Violencia de Xénero

Sanxenxo
21 de novembro 2021

O fallo do concurso de 'Tik-Tok sen violencias' e o espectáculo da Maga Fani centrará a programación do 25-N no municipio

Mesa contra a Violencia de Xénero en Sanxenxo
Mesa contra a Violencia de Xénero en Sanxenxo / Concello de Sanxenxo

Incrementar a implicación e mellorar a coordinación é o obxectivo da Mesa contra a Violencia de Xénero que esta semana celebrou o seu vixésimo terceira edición en Sanxenxo.

Para iso propuxéronse sumar ao órgano local representantes do ámbito sanitario, xudicial e educativo en próximas convocatorias.

Á reunión, que estivo presidida pola tenente de alcalde María Deza e o concelleiro Daniel Arosa, asistiu a xefa da unidade de violencia de xénero da Subdelegación do Goberno, Manuela Villaboy; a directora do CIM, Diana Názara; o concelleiro de Seguridade Cidadá, Jaime Leiro; o oficial da Policía Local, Manuel Parga; o comandante do posto en Sanxenxo, Vicente Veiras, e un membro do corpo do Equipo da Muller e Menor da Garda Civil.

Trátase, entenda a Mesa, de sectores clave na prevención contra a violencia de xénero e na relación directa coa vítima, polo que o acordo foi unánime. Ademais analizáronse os casos concretos de violencia de xénero no municipio e abordouse a coordinación entre os corpos de seguridade ante un caso de malos tratos.

PROGRAMACIÓN DO 25-N

O encontro da Mesa contra a Violencia de Xénero coincide coa preparación dos actos de conmemoración do 25-N, Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller.

En Sanxenxo está previsto conmemorar o 25-N cun acto que terá lugar a partir das 18.00 horas no Pazo de Emilia Pardo Bazán no que se entregarán os premios do concurso 'Tik Tok, sen violencias', xunto a un espectáculo ' Igualdade onde estás' da Maga Fani.