Dous días antes do previsto, é dicir este sábado 29 de xuño, Sanxenxo activará o servizo de socorrismo nas dezasete praias que lucirán este verán a bandeira azul.
O goberno municipal adoptou esta decisión ante o bo tempo que se espera para os próximos días, o que vaticina unha chegada masiva de turistas e visitantes.
Así, un total de 83 socorristas comezarán coas tarefas de vixilancia nestes dezasete areais. Estarán operativos de 12:00 a 20:00 horas.
Os baños xa están abertos desde o pasado día 15 de xuño, igual que a limpeza programada destas instalacións cada hora e media.
Agora tamén se poñerán en marcha os lavapes, avanzan desde o Concello.