Sanxenxo confirma que o comedor do colexio O Telleiro estará operativo a partir do 3 de abril

Sanxenxo
19 de marzo 2018

Atendendo á demanda das familias, a ANPA e dirección do centro educativo, comezaron os trámites. O concello fixo as obras necesarias e a Xefatura Territorial de Educación tamén puxo da súa parte facilitando as mesas e cadeiras para un aforo de 28 comensales

Neste aula do CEIP O Telleiro habiliatarase o comedor
Neste aula do CEIP O Telleiro habiliatarase o comedor

O goberno local en Sanxenxo confirmou que o comedor do colexio O Telleiro, en Noalla,  estará operativo a partir do 3 de abril.

Dende a Asociación de nais e pais de alumnos (ANPA) xunto coa Concellería de Educación, leváronse a cabo as obras oportunas para que o colexio poida dispor deste servizo.

Atendendo á demanda das familias, a ANPA e a dirección do centro educativo, comezaron os trámites. O concello fixo as obras necesarias e a Xefatura Territorial de Educación tamén puxo da súa parte facilitando as mesas e cadeiras para un aforo de 28 comensales.

Logo de toda esta andaina, a Xunta acaba de conceder permiso para que se poida poñer en marcha o servizo demandado. Así, o vindeiro 3 de abril, coincidindo co comezo do terceiro trimestre do presente curso académico, o comedor entrará en funcionamento.

O servizo será de luns a venres de 14.00 a 16.00 horas.

Este colexio ten xornada lectiva os xoves pola tarde. O mesmo ocorre os luns e mércores para os alumnos que teñan actividades extraescolares. Neses días todos eles poderán enlazar os horarios.