Sanxenxo e Portonovo, alagados de panfletos contra Gonzalo Pita e outros tres concelleiros

Sanxenxo
26 de maio 2017
Actualizado: 12:44

 Os panfletos apareceron tiradas na rúa e inclúen insultos e todo tipo de cualificativos negativos dirixidos aos catro membros de SAL, como "transfuga", "corrupto", "traidor, "vendido" ou "estafador". Inclúen a petición de "Dimisión ya"

Octavillas contra Gonzalo Pita e outros concelleiros de Sanxenxo
Octavillas contra Gonzalo Pita e outros concelleiros de Sanxenxo

Varias rúas de Sanxenxo, tanto no propio núcleo sanxenxino como en Portonovo, apareceron indundadas de panfletos con fotos do aínda alcalde de Sanxenxo, Gonzalo Pita, e doutros tres concelleiros, dous do seu partido, Sanxenxo Agrupación Liberal, SAL; e o edil non adscrito Roberto Agís.

Por estes feitos xa hai presentada unha denuncia na Garda Civil. En concreto, denunciaron este venres tanto Gonzalo Pita como os outros dous concelleiros de SAL, responsables de Urbanismo e Turismo en Sanxenxo. 

Os panfletos apareceron tiradas na rúa e inclúen insultos e todo tipo de cualificativos negativos dirixidos aos catro políticos, como "transfuga", "corrupto", "traidor, "vendido" ou "estafador"

Os panfletos teñen todos o mesmo deseño, pero catro fotos diferentes, de Gonzalo Pita, Jesús Sueiro Mendez, José Daniel Fernández Piñeiro e Roberto Agís. Ademais, inclúen a petición de "Dimisión ya".  

Estes panfletos chegan en plena crise política en Sanxenxo tras a ruptura do pacto de goberno entre SAL, PSOE e BNG e cun novo pacto entre os independentes de SAL e o PP. Previamente xa se fora do cuatripartito Roberto Agís.