Este martes tivo lugar o acto de entrega dos distintivos do Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destinos, a segunda edición dos premios "Sanxenxo Calidade Turistica".
Un total de 74 galardoados, dos cales 70 renovaban o distintivo e 4 foron novas incorporacións.
Cada ano noméase aos gañadores de cada categoría en base ás puntuacións conseguidas en cada apartado, non podendo volver resultar premiados a anualidade seguinte. No caso desta segunda edición os galardoados foron:
- En aloxamento: Hotel Canelas.
- En restauración: Mardivino Asador.
- En comercio: Servinauta.
- En servizos: Eolo Náutica.
- En taxis: Teodoro Martínez.
Sanxenxo leva traballando como ente xestor do SICTED, desde o ano 2005, cando se adheriu ao proxecto nacional a través da asociación Vilas Mariñeiras.
Actualmente, conta con 115 empresas e servizos públicos distinguidos.