Sanxenxo estrea unha nova unidade de atención temperá para nenos de 0 a 6 anos de todo o sur do Salnés

O Salnés
30 de marzo 2023

Aliviar a carga asistencial que actualmente asumía a unidade de Vilagarcía de Arousa. Ese foi o principal obxectivo que persigue a Xunta de Galicia para desdobrar este servizo no Salnés, creando unha nova unidade de atención temperá en Sanxenxo

Inauguración da unidade de atención temperá de Sanxenxo
Inauguración da unidade de atención temperá de Sanxenxo / Xunta de Galicia

Aliviar a carga asistencial que actualmente asumía a unidade de Vilagarcía de Arousa. Ese foi o principal obxectivo que persigue a Xunta de Galicia para desdobrar este servizo no Salnés, creando unha nova unidade de atención temperá en Sanxenxo.

Esta unidade, que atende nenos e nenas de 0 a 6 anos con posibles problemas de desenvolvemento, dará cobertura a Sanxenxo, O Grove, Meaño, Meis e Ribadumia.

O equipo de profesionais, que traballará en horario de mañá e de tarde para facilitar a conciliación laboral e educativa, estará formado por unha psicóloga de psicomotricidade, unha psicóloga de apoio ás familias, un logopeda, unha pedagoga e educadora e un auxiliar administrativo. 

Para poder abordar esta actuación, segundo explicou este xoves o director xeral de Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, a Xunta de Galicia duplicou o investimento do convenio coa Asociación Galega de Atención Temperá (AGAT), ata case 740.000 euros.

Este centro, que o cuarto que xestiona AGAT en Galicia -entre eles o de Salnés norte para Vilagarcía, Vilanova e A Illa-, é un dos corenta centros activos en toda a comunidade, que dan servizo a un total de douscentos municipios de todo o país.