A Concellería de Medio Ambiente de Sanxenxo abriu unha lista de reservas para as familias interesadas en acceder ao programa provincial de compostaxe.
Non será ata o mes de xaneiro, momento no conclúe a formación dos mestres composteiros que está a realizar a Deputación de Pontevedra, cando o Concello de Sanxenxo poida dispoñer dos composteiros individuais a distribuír entre os veciños que o soliciten.
Cuendo chegue ese momento, os novos técnicos en compostaxe realizarán o seguimento do proceso e facilitarán toda a información necesaria ás familias.
A responsable municipal de Medio Ambiente, Coral González-Haba, considera necesaria a implicación dos veciños neste plan para non "seguir vivindo de costas aos residuos que xeramos" e axudar ás arcas municipais, posto que é insustentable, asegura, "o custo da xestión deste tipo de residuos".
Ademais do plan para as familias, o Concello de Sanxenxo sumarase á iniciativa da compostaxe comunitaria en varias das súas parroquias.