Sanxenxo habilitará unha nova oficina de turismo á entrada do municipio

Sanxenxo
04 de novembro 2018

Situarase na ligazón da estrada PO-504 coa autovía do Salnés. O orzamento estimado para a execución das obras ascende a 74.700 euros

Oficina municipal de turismo de Sanxenxo
Oficina municipal de turismo de Sanxenxo

O Concello de Sanxenxo e a Axencia de Turismo de Galicia asinaron un acordo de colaboración para a creación dunha nova oficina turística á entrada do municipio.

En concreto esta nova caseta estará situada na ligazón da estrada PO-504 coa autovía do Salnés.

O obxectivo desta actuación céntrase en mellorar a atención e a información turística aos visitantes que se acheguen a Sanxenxo.

O orzamento estimado para a execución das obras ascende a 74.700 euros, e o proxecto consiste na creación dunha oficina de turismo, accesible, con atención ao visitante, consulta de información e punto de encontro para visitas guiadas, así como venda de merchandising.