Sanxenxo intensificará a vixilancia nos bares de copas para garantir o cumprimento das normas sanitarias

Sanxenxo
07 de xullo 2020

"Non imos permitir que uns poucos establecementos xoguen coa saúde das persoas, a reputación de Sanxenxo e o traballo que da maioría dos hostaleiros", advierten desde el Concello

Inspeccións no lecer nocturno de Sanxenxo
Inspeccións no lecer nocturno de Sanxenxo / Xunta de Galicia

Despois de facerse público que durante a última fin de semana en algúns locais de Sanxenxo incumpríronse as medidas de seguridade para evitar contaxios por coronaviros, o goberno local advirte que a partir de agora será estrito co control e cumprimento dos horarios, aforos e medidas de seguridade.

Amparándose na lei de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia, o Concello advirte con impoñer severas multas ou pechar establecementos se non se cumpren as normas.

"Non imos permitir que uns poucos establecementos xoguen coa saúde das persoas, a reputación de Sanxenxo e o traballo que a maioría dos hostaleiros e o Concello vimos facendo nos últimos meses para que Sanxenxo sexa un destino seguro”, incide o goberno local.

Aínda así, matizan que a noite do sábado e a madrugada do domingo seis gardas civís, catro policías autonómicos e catro policías locais xunto co concelleiro de Seguridade Cidadá, Jaime Leiro, percorreron todas as zonas de copas do Concello e comprobaron que os locais e os seus clientes estaban a cumprir as medidas de seguridade, salvo mínimas incidencias. 

O executivo espera que esta sexa a tónica xeral, pero quere deixar ben claro que "se ten que ser contundente o será". 

A resolución da Xunta sobre as medidas do Covid limita máis os aforos dos locais de copas ao 66% do que permite a licenza, ademais é obrigatorio o uso de máscara no interior e no exterior cando non se poida gardar a distancia entre persoas. 

A Lei de espectáculos públicos e actividades recreativas cualifica de infracción grave con sancións de 301 a 30.000 euros e o peche do establecemento por 1 ano aos locais que incumpran o horario de peche. De feito non descartan reducir os horarios, algo que aos que esta lei autorízaos.