Sanxenxo invita os empresarios locais a unha promoción conxunta en Portugal

Sanxenxo
17 de febreiro 2014

A empresa mixta Turismo de Sanxenxo participará con posto propio nunha das feiras de viaxes máis importantes do país veciño que se celebrará en abril en Lisboa

XVII Regata Hotel Galatea de Cruceros ORC entre Portonovo e Cabo de Cruz
XVII Regata Hotel Galatea de Cruceros ORC entre Portonovo e Cabo de Cruz / Desmarque SL

Turismo de Sanxenxo participará con posto propio nunha das feiras de viaxes máis importantes de Portugal, que se celebrará os días 5 e 6 de abril no pavillón 1 da Feira Internacional de Lisboa. A sociedade mixta, integrada polo Concello de Sanxenxo e o CETS, acudirá por primeira vez a Mundo Abreu, un salón xa consolidado no sector turístico e que este ano alcanza a súa duodécima edición.

"Ademáis de promocionar o noso destino poremos a disposición dos empresarios turísticos un espazo que poderán utilizar á hora de realizar contratacións cos clientes maioristas e axencias de viaxes que asistirán a esta cita", sinalou a concelleira delegada de Turismo, Almudena Aguín.

O equipo de Goberno pretende con iso apoiar ao sector local brindándolle a oportunidade de ofrecer directamente os seus servizos ao público portugués, que encabeza a lista de visitantes estranxeiros de Sanxenxo.

"Trátase, en definitiva, dunha iniciativa máis para impulsar ás contratacións fora dous meses de xullo e agosto", asegurou a edila