Sanxenxo prepárase para nove días de festa con música, tradición e boa gastronomía

Sanxenxo
20 de agosto 2025
Actualizado: 16:57

Do 24 de agosto ao 5 de setembro, Sanxenxo ofrece unha programación para todos os gustos. Música, tradición, gastronomía e moita alegría nas rúas.

Presentación do programa de festas de Sanxenxo Concello de Sanxenxo

Volven as festas patronais a Sanxenxo! A partir deste domingo 24 de agosto, veciños e visitantes poderán gozar de nove días repletos de música, tradicións e sabores únicos.

Así o anunciou este mércores a concelleira de Cultura e Eventos, Elena Torres, durante a presentación do programa na emblemática escultura do Atlante, na Praza dos Barcos.

O pistoletazo de saída darano dous concertos ao mediodía: Galifunk Brass e Herdanzas da Nosa Terra porán ritmo e folclore a unha xornada para gozar na rúa.

"É un programa para desfrutar na rúa e para que veciños e visitantes gocen da nosa cultura e tradición", afirmou Torres.

Luns 25: Día do Turista e San Xinés. A xornada arrinca coa Feira de Produtos Artesáns xunto á igrexa ás 11:00 h, seguida dunha espectacular sardiñada popular no porto (máis de 500 quilos de sardiñas!) desde as 12:00 h. Ás 13:00 h, a Banda de Música de Sanxenxo ofrecerá o seu tradicional concerto, e xa pola tarde, misa, procesión e fogos de lucería na honra a San Ginés. A noite promete: ás 22:30 h, verbena na Praza do Mar con Broken Peach e a orquestra Fania Blanco Show.

O xoves, 28 de agosto, a Praza de Fonte de Ramos acollerá o espectáculo de ópera "Querida Montserrat, Querido Lucciano". A Praza de Pascual Veiga acollerá o 30 de agosto o concerto de Cantos da Terra, a partir das 12 horas. O domingo 31, ás 12 horas, celebrarase a XXV Milla Urbana.

Luns 2: Día Infantil. Os peques teñen o seu día grande: inchables, xogos populares, e unha divertidísima Festa da Espuma na Praza de Fonte de Ramos.

O Martes 3 será a Homenaxe á cebola, a estrela da horta local vístese de gala cun showcooking de altura a cargo de Pepe Solla, Rodrigo Valiente e os irmáns Visi. A música continúa con concertos desde as 21:00 h e unha procesión nocturna para recoller a imaxe de Santa Rosalía.

Mércores 4: Día grande para Santa Rosalía. A xornada comeza con pasacalles e alboradas, e ás 10:00 h inaugúrase a XLII Feira da Cebola. Ao mediodía, entregaranse os premios Cebolas de Ouro 2025. Pola noite, haberá misa, procesión, concerto, máis música en vivo... e un espectacular show de fogos artificiais na Praia de Silgar!

Xoves 5: Virxe da Carmen. Último día de festas, con nova procesión marítima na honra á Virxe do Carme. O broche de ouro porao unha verbena a cargo das orquestras Trébol e Origen na Praza do Mar.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora