Sanxenxo ofrecerá un curso de formación para auxiliares de Policía Local

Sanxenxo
24 de xaneiro 2021

Os interesados na actividade, con 40 prazas dispoñibles, deberán anotarse a partir de febreiro e cubrir un cuestionario

24 novos auxiliares se incorporan á Policía Local de Sanxenxo
24 novos auxiliares se incorporan á Policía Local de Sanxenxo / Concello de Sanxenxo

O Concello de Sanxenxo realizará un curso gratuíto destinado aos mozos que se queiran formar como auxiliares de Policía Local durante os meses de marzo e abril.

O obxectivo é profundar no coñecemento do municipio e que os futuros auxiliares manexen desde o minuto uno o rueiro e as ordenanzas reguladoras cando se incorporen no verán á vixilancia e seguridade de Sanxenxo.

A formación incluirá ademais a normativa común relativa á regulación de tráfico e actuacións de diverso tipo relacionadas coa seguridade.

O curso contará con 40 prazas dispoñibles e os interesados en anotarse deberán facelo no rexistro municipal a partir do 1 de febreiro e cubrir un cuestionario básico que permitirá realizar un filtrado, por parte da xefatura da Policía Local, das persoas que se anoten no caso de que o número de rexistrados superen as prazas ofertadas.

A formación será presencial, se a situación sanitaria o permite, no Pazo de Emilia Pardo Bazán e cun estrito protocolo sanitario. Se non fose posible, o curso impartirase de forma telemática. O día elixido para a actividade é o sábado, en horario de 9 a 14 horas.

O goberno considera que é unha boa oportunidade formativa e laboral para os mozos de Sanxenxo que estean interesados nesta profesión. O curso permitirá unha especialización da contorna e mellorar na atención tanto de veciños como de visitantes.