A corporación municipal aprobou este martes no pleno do Concello de Sanxenxo o financiamento das obras da urbanización do ámbito do Revel, orzada en 1,8 millóns de euros repartidos en cinco anualidades.
A proposta do goberno local bipartito (PP+SAL) suscitou as críticas dos grupos da oposición que se decataron durante a sesión plenaria de que será necesario acudir a un préstamo para atender o primeiro prazo.
Finalmente todos os grupos votaron a favor salvo a edil non adscrita Vanessa Rodríguez, que se abstivo como protesta pola falta de información por parte do grupo de goberno.
Para o vindeiro luns está convocado outro pleno.