Sanxenxo promociónase no World Travel Market de Londres

Sanxenxo
07 de novembro 2016

Durante os tres días nos que se desenvolverá a Feira, a delegación de Sanxeno ten previsto manter unha axenda de xuntanzas con touroperadores británicos e axencias especializadas que operan dende o norte de España

Delegación de Sanxenxo na Word Travel Market
Delegación de Sanxenxo na Word Travel Market / Concello de Sanxenxo

A delegación turística de Sanxenxo na World Travel Market de Londres participou este luns 7 nas actividades desenvolvidas desde a caseta desde o que Galicia mostra as súas principais propostas nesta feira turística.

O alcalde Gonzalo Pita e o concelleiro de Turismo, Jesús Sueiro, participaron na recepción oficial ofrecida pola Secretaria de Estado, Isabel Borrego, e polo embaixador de España no Reino Unido, Federico Trillo.

Ao longo dos tres días de duración desta Feira, a delegación de Sanxenxo ten programadas diversas reunións con operadores de turismo británicos e con axencias especializadas que operan desde o norte de España.

A idea é aproveitar os beneficios deste escaparate internacional, no que Sanxenxo ten tamén material promocional en inglés sobre a vila turística con folletos xenéricos e específicos dalgunhas das actividades que se ofertan como enogastronomía ou náutica.