Este luns tivo lugar unha reunión entre o alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín e veciños da Carabuxeira, na que se falou da idea de negociar con Costas o depósito de area nesta praia de fronte ao próximo verán.
Trataríase dunha "medida provisional dentro dun plan de actuación moito máis grande que dote dun paseo a esa zona do litoral", avanzaron fontes municipais. Para isto sería necesaria a colaboración e o traballo entre varias administracións.
Por outra banda o alcalde, o concelleiro de Medio Ambiente, Juan Deza e o concelleiro de Infraestruturas, Daniel Fernández, estiveron este domingo no Club de Xubilados de Portonovo, atendendo a pequenas peticións que desde o club queren facer ao Concello.
Solicitaron uns andeis para poder terminar de acondicionar unha pequena biblioteca na súa sede, piden quitar unhas árbores e instalar un punto novo de auga no exterior e uns focos que melloren a iluminación no acceso ao club.