Sanxenxo volve izar a bandeira azul na Panadeira máis dunha década despois

Sanxenxo
03 de xullo 2019

Telmo Martín destacou que Sanxenxo aspira a recuperar as bandeiras en dúas praias que "se nos resisten", Area de Agra e Nanín. Asume que non poderá ser de fronte ao próximo ano, pero si en breve. "Canto antes poida ser, mellor", insiste

Izado da bandeira azul na praia da Panadeira
Izado da bandeira azul na praia da Panadeira / Concello de Sanxenxo

A praia da Panadeira recuperou este mércores unha bandeira azul que levaba máis dunha década sen lucir no areal. Este ano, o Concello de Sanxenxo recuperou a distinción e este mércores realizouse o acto oficial de izado, no que o alcalde, Telmo Martín, destacou o logro de poder recuperala

Martín destacou que na praia da Panadeira ondean dúas bandeiras, a azul concedida por ADEAC (Asociación De Educación Ambiental y del Consumidor) e a branca que representa que este areal é libre de fumes.

En total, Sanxenxo ten este ano 14 bandeiras azuis, sendo un ano máis o municipio español con máis distincións. De todos os xeitos, a cifra non satisfai do todo ao alcalde, que se marca como obxectivo obter 16. 

Así, aspira a recuperar as bandeiras en dúas praias que "se nos resisten", Area de Agra e Nanín. Asume que non poderá ser de fronte ao próximo ano, pero si en breve. "Canto antes poida ser, mellor", insiste. 

O goberno local seguirá traballando para lograr esas dúas distincións porque, tal e como destaca o alcalde, "Sanxenxo segue apostando polas bandeiras azuis, polos socorristas, polos sanitarios, pola limpeza nas praias, por acceso para discapacitados, por baños....".

Ademais, destaca que o municipio "segue crecendo" e en tempada estival "segue sendo líder en toda España"