O xoves 13 comezan as festas de San Antón na parrroquia de Samieira coa actuación da orquestra Los Satélites, a partir das 21.00 horas na praza de Alfredo Romay.
Será a apertura a unha celebración que continuará durante a tarde do venres 14 cunha festa de animación infantil e un baño de escuma con inchables acuáticos e agasallos para os participantes.
Xa o sábado 15 chegará o día grande coa alborada a cargo de Vides Novas e a Escola de Música Tradicional.
Ás 12.00 horas comezará a misa en honra a San Antón, cantada polo coro Virxe de Fátima.
Ás 20.00 horas está prevista a degustación gratuíta de sardiñas, con pan e viño, acompañada polas actuacións musicais de Os Queimatasas, as Pandereteiras do Ronsel e a cantante Laura Ocampos.