Satse denuncia falta de enfermeiros na residencia de Campolongo

Pontevedra
13 de xaneiro 2020

O sindicato alerta de que os traballadores non poden gozar de días de asuntos propios nin compensacións por horas extra

Protesta do persoal da Residencia de Maiores de Campolongo
Protesta do persoal da Residencia de Maiores de Campolongo / Mónica Patxot

O sindicato de enfermería Satse denuncia a escaseza de profesionais na residencia de maiores de Campolongo. Neste centro dependente da Xunta é urxente, segundo a agrupación sindical, incrementar o número de traballadores debido a que o seu servizo supera as 1.610 horas anuais, mentres que noutro centros apenas alcanzan as 1.580.

Denuncian desde Satse que a falta de profesionais nesta residencia priva aos traballadores de exercer dereitos laborais como o goce de días de asuntos propios ou as compensacións horarias por servizos prestados a maiores durante a semana.

O exceso de horas na xornada do persoal deste centro supón ademais, segundo o sindicato, un agravio compartativo con respecto ao resto de traballadores doutros centros dependentes da Xunta que traballan menos horas.