"Se nos insultan quere dicir que o estamos facendo ben", resposta o PP ao goberno local de Poio

Poio
15 de marzo 2018

Atendendo á proposta consultada á asemblea veciñal do domingo, o PP pedirá no pleno municipal a rebaixa do tipo do Imposto de Bens Inmobles (IBI) do 0,47 ao 0,43, "lonxe do mínimo legal", e a creación de posibles bonificacións potestativas, "inexistentes en Poio"

Rolda de prensa do PP de Poio
Rolda de prensa do PP de Poio / PP de Poio

O portavoz do Partido Popular de Poio, Ángel Moldes, compareceu este xoves en rolda de prensa para responder "ás acusacións e os insultos verquidos o mércores polo alcalde e parte do seu grupo de goberno" e para presentar unha moción.

Atendendo á proposta consultada á asemblea veciñal do domingo, o PP pedirá no pleno municipal a rebaixa do tipo do Imposto de Bens Inmobles (IBI) do 0,47 ao 0,43, "lonxe do mínimo legal", e a creación de posibles bonificacións potestativas, "inexistentes en Poio".

Ángel Moldes desmentiu as distintas "acusacións" do goberno local e dixo que non vai entrar "nas provocacións e os insultos" que, di, "son froito da falta de argumentos e o nervosismo".

"Se nos insultan quere dicir que o estamos facendo ben", respostou o PP ao goberno local de Poio. "Por cada insulto do BNG e o PSOE, unha proposta nosa", engadiu.

Moldes recalcou que o PP foi o único partido que" informou, tranquilizou e asesorou" aos veciños, "fronte á ocultación, as mentiras e o afán recadatorio do goberno".

"Nós estivemos cos veciños, o bipartito non deu a cara, non informou e agora ao verse acurralados minten e insultan", rematou.