Se se atopa cunha candorca, ante todo moita calma

Bueu
02 de abril 2021

O Grupo de Traballo Orca Atlántica (GTOA) segue supervisando as embarcacións que foron interaccionadas polas candorcas, con resultado dalgúns barcos con partes móbiles rotas, para tentar esclarecer as causas deste tipo de interaccións

Candorca
Candorca /

Desde o ano pasado fóronse rexistrando interaccións entre candorcas e barcos, maioritariamente veleiros, nas que nalgúns dos casos resultou como consecuencia a rotura dalgunha parte móbil do barco, normalmente o temón. 

Despois das primeiras interaccións o Grupo de Traballo Orca Atlántica (GTOA) encargouse recompilar informacións detalladas destes encontros, inspeccionando os barcos, buscando os sinais que puideron deixar as candorcas, avaliando os posibles danos, mediante inmersións autorizadas nos portos ou indo aos varaderos, e recollendo os testemuños e información gráfica que os tripulantes realizaron en vídeo e fotografía no momento da interacción. 

PROTOCOLO

O GTOA desenvolveu un protocolo de actuación para os navegantes no caso de que se dea unha interacción, a experiencia indica que nesas condicións as candorcas tenden perder interese polas embarcacións. 

En primeiro lugar pídese aos tripulantes do barco, se é posible nas condicións de mar e localización, que baixen velocidade, paren o motor e deixen o temón a vía. En caso de veleiro, arríen a vela.

O seguinte será contactar coa 112/ canle 16 radio ou o oficial da zona (Tarifa 10; Tánxer 69; Fisterra 16).

Deben sacar as mans da roda do temón e non tocala, apartarse de calquera parte do barco que poida caer ou virar bruscamente. Se é posible, apagar a sonda e manter acesos VHF e elementos de posición. 

Tamén destaca o GTOA "non grite aos animais, non lles toque con nada nin lle tire cousas, non se deixe ver en exceso pola borda" e "se ten teléfono con cámara, ou outro dispositivo, grave aos animais sobre todo as súas aletas dorsais, para poder identificalas".

"Cando despois dun tempo non note presión no temón e os animais afastáronse, comprobe que vira e funciona. Se aprecia avaría que impida navegación solicite remolque" e tamén piden que permita ás autoridades que se traslade o seu contacto a especialistas en cetáceos para avaliar o caso.

Estas recomendacións foron trasladadas a Salvamento Marítimo. 

INTERACCIÓNS COAS CANDORCAS

As interaccións coas candorcas comezaron o pasado ano no Estreito de Xibraltar en xullo, despois estes grupos de candorcas fóronse desprazando primeiro cara ao sur de Portugal, seguindo toda a costa lusa ata chegar a Galicia onde se concentraron as interaccións no mes de setembro, máis tarde as interaccións volveron rexistrar en Portugal en outubro pero menos concentradas e menos frecuentes no tempo, ata que se rexistraron as últimas en novembro na zona de Sines.

Non houbo máis contactos ata finais de xaneiro, que se rexistrou fronte á costa Atlántica de Marrocos a medio camiño entre o Estreito de Xibraltar e Canarias. Desde entón a maioría das interaccións rexistráronse no Estreito de Xibraltar, onde ao mesmo tempo atopouse un animal morto flotando en augas de Ceuta, a comezos deste mes, que por falta de loxística e medios, non se puido recuperar, co que non se puido facer necropsia, e non se puido comprobar ou rexeitar a súa relación coas interaccións. 

ANIMAIS PROTEXIDOS

As candorcas ibéricas son animais protexidos, declarados como "vulnerables" en España ( R.D. 139/2011), e como "en perigo crítico de extinción" como subpoblación pola UICN (Unión Internacional para a Conservación da Natureza), teñen un plan de conservación polo goberno español no 2017, os varamentoes desta especie son moi raros nas nosas costas.