Se xa non tes idade para as Noites Abertas, o teu son as Noites Puretas

Pontevedra
23 de maio 2017

Unha alternativa gratuíta de lecer para maiores de 30 anos. É o que ofrecerá as Noites Puretas, unha iniciativa impulsada polo equipo Arela II que terá lugar o próximo sábado 27 de maio, a partir as 17.30 horas, na praza da Pedreira e na Casa da Luz

Praza da Pedreira
Praza da Pedreira / Juan Mejuto

Unha alternativa gratuíta de lecer para maiores de 30 anos. É o que ofrecerá as Noites Puretas, unha iniciativa impulsada polo equipo Arela II que terá lugar o próximo sábado 27 de maio, a partir as 17.30 horas, na praza da Pedreira e na Casa da Luz.

Este equipo, xurdido do programa que promove a Concellería de Promoción Económica coa fin de mellorar a empregabilidade das persoas, busca devolver á sociedade parte das habilidades adquiridas no curso de formación.

Así, na praza da Pedreira realizarase unha sesión de ioga tibetano mentres que na Casa da Luz impartiranse obradoiros de sexualidade, creatividade e voz.

Os pais e nais que queiran participar terán a posibilidade de deixar os seus nenos, de 4 a 10 anos, atendidos nunha ludoteca.

Os interesados poderán inscribirse a través do Facebook Noites Puretas.

O deseño e desenvolvemento da xornada parte do grupo multidisciplinar formado entre os integrantes do programa Arela II, un equipo que conxuga experiencia en diferentes áreas: psicoloxía, comunicación, ioga, ventas, administración, fotografía, deseño gráfico e loxística, entre outras. 

Despois de avaliar as competencias que achegan os seus membros como grupo, o equipo de Arela II decidiu desenvolver unha xornada de lecer, que atenda algunha das expectativas dun público maior de 30 anos.

Primeiro fixeron unha enquisa para ter información sobre actividades que poderían interesar a estas persoas, así como a preferencia horaria para levalas a cabo. Cunha tormenta de ideas escolleron Noites Puretas como marca, unha proposta en ton xocoso que deixa aberta a posibilidade de incluír alternativas de diversa índole.