Segue o entroido en Cerdedo-Cotobade

Cerdedo Cotobade
02 de marzo 2023

O sábado 4 de marzo ás 17:00 horas celebrarase o entroido en Cerdedo-Cotobade con xogos, un concurso e chocolate quente

Presentación de Jorge Cubela e da Comisión de Festas da programación do entroido
Presentación de Jorge Cubela e da Comisión de Festas da programación do entroido

Jorge Cubela, o alcalde de Cerdedo Cotobade, e os membros da Comisión de Festas de Tenorio fixeron público a programación lúdico-festiva que levará a cabo este sábado polo entroido.

O sábado 4 de marzo ás 17:00 realizaranse diversas actividades e xogos no novo Centro Sociocultural de Tenorio, onde haberá inchables aos que os cativos poderán acceder de forma gratuíta.

Además se realizará un concurso de disfraces, no que se premiará a categoría de adultos e a infantil. A todas as persoas que participen recompensaráselles cun chocolate quente para combater o frio.

A Comisión de Festas tamén incluirá no Centro Sociocultural de Tenorio o servizo de bar coas consumicións habituais.

Cubela felicita á Comisión de Festas pola inicitiva de prologar o entroido no municipio e por darlle un novo uso ao Centro Sociocultural.