Segunda edición das Xornadas Pedagóxicas de Educación Infantil SEK

Pontevedra
09 de maio 2024
Actualizado: 13 de marzo 2025

O SEK Atlántico International School de Poio será o anfitrión das II Xornadas Pedagóxicas de Educación Infantil, que levarán a cabo os días 13 e 14 de maio

Ponencia do doutor Daniel Wilson da Universidade de Harvard
Ponencia do doutor Daniel Wilson da Universidade de Harvard

O SEK Atlántico International School de Poio será o anfitrión das II Xornadas Pedagóxicas de Educación Infantil, que levarán a cabo os días 13 e 14 de maio.

Durante este evento, as Coordinadoras de Infantil e o Equipo de Dirección Xeral SEK terán a oportunidade de reflexionar sobre as mellores prácticas en Educación Infantil, así como explorar o redeseño do Modelo Educativo SEK e o enfoque competencial. 

Ademais, abordaranse os Learning Paths, coordinados polo Dr. Daniel Wilson da Universidade de Harvard, e analizarase a importancia da detección temperá de trastornos do neurodesenrolo, coa participación do Dr. Alfonso Amado Puentes, quen compartirá a súa recoñecida experiencia coa comunidade de aprendizaxe.

A parte teórica complementarase coa realización de Learning Paths.

O primeiro Learning Path terá lugar dentro do colexio e consistirá na realización de actividades da ecohorta escolar a cargo dos alumnos de 3 anos. O segundo roteiro de aprendizaxe involucrará aos alumnos de 4 anos na praia de Cabeceira en Lourido, onde explorarán a auga como elemento vital e fonte de diversión. E o terceiro Learning Path incluirá aos alumnos de 5 anos e alumnos de 11/12 anos nunha visita guiada á Illa de Tambo onde analizarán as distintas estruturas que ven desde a Illa e tratarán de deseñar e crear as súas propias estruturas.

Estas xornadas contan coa colaboración do Concello de Poio, que apoiou tanto a organización da visita á Illa de Tambo o luns 13 pola mañá como a clausura no Pazo Besada o martes 14 pola tarde. Unha oportunidade única para compartir coñecementos coa comunidade e poñer en valor a Educación Infantil.