Seis contaxios novos no segundo día consecutivo sen pacientes covid hospitalizados

Pontevedra
29 de outubro 2021

Os casos activos crecen lixeiramente, pero sen consecuencias graves, xa que por segundo día consecutivo non hai ningún paciente ingresado nos tres hospitais. O balance do Servizo Galego de Saúde recolle seis novos contaxios por covid-19 nas últimas 24 horas, o que sitúa o número de casos activos en 65

Realización de PCR
Realización de PCR / Mónica Patxot

A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés mantén a tendencia dos últimos días. Os casos activos crecen lixeiramente, pero sen consecuencias graves, xa que por segundo día consecutivo non hai ningún paciente ingresado nos tres hospitais.

O balance do Servizo Galego de Saúde recolle seis novos contaxios por covid-19 nas últimas 24 horas, o que sitúa o número de casos activos en 65, cinco máis que onte.

Desde o inicio da pandemia 21.240 pacientes da área sanitaria superaron a covid-19, un máis que onte. Ata o momento rexistráronse 205 falecementos asociados ao virus. 

Ata 160 probas PCR realizáronse nas últimas horas, que fan un total de 307.726 na área sanitaria. A estas probas súmanse as 149.330 probas de antíxenos e outras 110.239 probas de detección realizadas ata a data. 

INCIDENCIA EN GALICIA

A nivel autonómico, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 505, 28 máis que o día anterior. Deles, 139 son da área da Coruña, 38 da de Lugo, 86 da de Ourense, 65 da de Pontevedra, 81 da de Vigo, 63 da de Santiago e 33 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 3 están en UCI, 22 en unidades de hospitalización e 480 no domicilio. Por agora, en Galicia hai un total de 180.029 persoas curadas, rexistrándose 2.652 falecementos.

Desde o inicio da pandemia realizáronse en Galicia 2.894.051 probas PCR, 2.157 nas últimas 24 horas, que xunto co resto de probas diagnósticas permitiron detectar 56 novos infectados.