A mesa de contratación do Concello de Pontevedra abriu xa as ofertas económicas para a execución do proxecto de reforma dos viais perimetrais da Praza de Barcelos. Presentáronse seis empresas: Casas, Xestión Ambiental de Contratas, Covsa, Prace, Elsamex e Oresa.
Cun orzamento de 2,7 millóns de euros a executar en dúas anualidades, o plan inclúe a reforma integral de todos os servizos soterrados como o saneamento, o abastecemento ou a rega; así como a renovación da iluminación e de parte do arboledo.
Como mellora, o proxecto recolle a recolocación do transformador do centro educativo da praza, que abandonará as dependencias escolares e pasará a estar soterrado mellorando así a seguridade da comunidade educativa.
Aínda que aínda non existe data para o inicio dos traballos, dependerá do tempo que se alongue o proceso de adxudicación, a idea da concellería de Obras Urbanas que dirixe Demetrio Gómez é que as obras comecen ao longo deste ano. Ademais, os traballos servirán para crear uns 35 empregos.
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.