Seis novos arenais sumaranse en Sanxenxo ás "praias sen fume"

Sanxenxo
11 de marzo 2024
Actualizado: 30 de setembro

Pampaído, Barreiros, A Granxa de Abaixo, Fontenla, Nanín e A Carabuxeira. Son os seis areais de Sanxenxo que se sumarán á rede de "praias sen fume". O goberno municipal xa tramitou esta solicitude ante a Consellería de Sanidade

Praia da Carabuxeira
Praia da Carabuxeira / Concello de Sanxenxo

Pampaído, Barreiros, A Granxa de Abaixo, Fontenla, Nanín e A Carabuxeira. Son os seis areais de Sanxenxo que se sumarán á rede de "praias sen fume". O goberno municipal xa tramitou esta solicitude ante a Consellería de Sanidade.

O municipio conta xa, na actualidade, con 18 praias destas características: Panadeira, Silgar, Baltar; Caneliñas, O Espiñeiro, Areas Gordas, A Lapa, Foxos, Nosa Señora da Lanzada, Major, Areas Esquerda, Areas Dereita, Agra, Canelas, Paxariñas, Montalvo, Bascuas e Pragueira.

Promover unha vida sen tabaco, desnormalizar o seu consumo na sociedade e coidar o medio ambiente son tres das razóns que levou ao Concello a apostar por este distintivo.

Nas praias sen tabaco, non está permitido fumar na zona do areal, quedando excluídos desta medida os espazos ao aire libre dos locais de hostalería situados nelas como chiringuitos.

Non hai vixilancia, nin sanción, pero espérase dos usuarios que cumpran voluntariamente coa norma, xa que se apela á responsabilidade persoal.