Será un ano con grandes pontes festivas

Pontevedra
01 de xaneiro 2023

O calendario laboral de 2023 reflicte que este será un ano con varias fins de semana longas pois algunhas festas coinciden en luns ou venres

Calendario 2023 da Asociación Protectora de Animais de Vilagarcía de Arousa
Calendario 2023 da Asociación Protectora de Animais de Vilagarcía de Arousa

O calendario laboral de 2023 reflicte que este será un ano con varias fins de semana longas pois algunhas festas coinciden en luns ou venres.

O primeiro é xa este 6 de xaneiro, que é venres. O seguinte será o de Semana Santa, o Xoves e o Venres Santo chegan o 6 e 7 de abril. Ademais, o 1 de maio (Festa do Traballo) cae en luns e o 25 de decembro, celebrarase tamén en luns.

Pero a macroponte será a da Constitución, xa que o 6 de decembro será mércores pero logo chega o festivo da Inmaculada, o 8 de decembro, que será venres. Todo sumado permitirá a moitos traballadores tomarse libre o xoves 7 e gozar dunha ponte de cinco días.

Outros festivos marcados no calendario son a celebración da Asunción da Virxe (15 de agosto) que cae en martes, a festa do Día da Hispanidade (12 de outubro) en xoves e o mércores 1 de novembro (Todos os Santos).

O calendario laboral contempla un total de 9 días festivos nacionais, a eles súmanse os dous festivos de carácter autonómico, que en 2023 serán o 17 de maio, Día das Letras Galegas, e o 25 de xullo, Día de Galicia. E hai outros dous fixados polos concellos, no caso de Pontevedra son o 22 de febreiro Mércores de Cinza e o martes 11 de xullo, San Benitiño.