Serán de circo na Ferrería

Pontevedra
18 de agosto 2024

Unha gala circense protagonizou este sábado na Ferrería uno dos espectáculos da xornada das Festas da Peregrina

Gala de circo na Ferrería
Gala de circo na Ferrería /

Non todo é música nas Festas da Peregrina.

As acrobacias e peripecias propias do circo reclamaron o seu protagonismo este sábado 17 de agosto na Ferrería.

Unha gala circense ocupou este icónico espazo da cidade nun dos espectáculos festivos da xornada, espertando curiosidade e admiración entre os presentes.

O espectáculo, que comezou ás 21.00 horas, prolongouse durante máis dunha hora.