Seres indóMITOs: Luis Quiles

Pontevedra
28 de setembro 2025

Mito Meijón entrevista o actual presidente do Rotary Club de Pontevedra, Luís Quiles, unha persoa marcada pola súa capacidade negociadora e social

Luis Quiles
Luis Quiles / Guillermo M. Meijón-Corujo

Luis Quiles non naceu en Pontevedra, pero poucos como el souberon abrasar esta terra con tanta entrega e cariño. Presidente do Rotary Club de Pontevedra, o seu nome asóciase xa a compromiso, liderazgo e xenerosidade. A súa mirada aberta e a súa capacidade de tender pontes convertérono nunha figura imprescindible na vida social e cultural da cidade, alguén que, aínda vindo de fóra, fixo de Pontevedra o seu fogar e das súas xentes, a súa familia.

 

- Dime unha pregunta que non che gusta que che fagan.

A quen votas?

- Como é a túa relación con Pontevedra?

Pois vin por amor e quedei. O amor non saíu ben pero aquí estou moi a gusto.

- Como te definirías?

Ordenadamente caótico.

- Que características ten a túa xeración?

Pois a pesar do que se di, non somos unha xeración enganchada ás pantallas. Valoramos moito o analóxico porque crecemos sen móbiles.

- Acabas de asumir a presidencia do Rotary en Pontevedra, que retos afrontades?

Pois en primeiro lugar darnos a coñecer á cidade. Queremos aumentar o número de socios e o grao de coñecemento do noso traballo. Rotary está involucrado en moitas accións, todas elas moi diferentes e cremos que hai moita xente que ten moito que aportar a esas causas.

- E aumentar os socios, algunha estratexia?

Realmente é complicado. Especialmente porque queremos ampliar o número de socios entre os grupos máis novos e aí sempre é difícil chegar. Parece que a sociedade tende ao individualismo e proxectos colectivos como este non están "de moda".

- Algún proxecto xa en mente?

Gustaríanos organizar algún concerto no Convento de San Francisco, e estamos dándolle voltas a espazos marabillosos como as Ruínas de Santo Domingo. É un lugar excepcional sen uso máis alá do museístico.

- Que é a amizade?

É a forma suprema do amor.

- Se pudeses viaxar no tempo, irías ao pasado ou ao futuro?

Ao pasado nin mo plantexo así que, por descarte, ao futuro.

- Unha parte da túa casa que che apeteza intervir?

Pois ao vivir de aluguer moito non podo facer, pero estou sempre reamueblando.

- Dime unha canción que te emocione.

Niño de cristal.

- Frío ou calor?

Frío.

- Que hai despois da vida?

Como crente si creo que hai algo, polo pronto os que se van non volven.

- O último capricho que te deches?

Irme de escapada nun 4x4.

- A quen che gustaría ver nesta sección?

Á miña amiga Mónica.

 

O CUESTIONARIO

- Nunca saio de casa sen… os airpods

- Na miña neveira sempre hai… CocaCola Zero

- No meu armario destaca… os pantalóns

- A idade é… unha tontería.

- Sempre fun o ollo dereito de… a miña tía Conchi.

- Pontevedra ten alma de… adolescente deixando a porta.

- Creo no… perdón.

- O ano que marcou a miña vida foi… este

- O mellor agasallo que me poden facer é… tempo.

- O meu lugar no mundo é… Galicia.

- Se non puidese vivir en Pontevedra viviría en… A Coruña.

- O meu momento favorito do día é… pola noite

- Pontevedra… a miña casa.