A partir deste venres 17 de decembro, e como cada decembro, abre as súas portas o Departamento de Envíos Extraordinarios Virtual de Correos, que permite á poboación enviar a súa carta a Papá Noel e aos Reis Magos.
Haberá opción de facelo fisicamente e por Internet. Así, as cartas poderán enviarse a través da ligazón www.departamentodeenviosextraordinarios.es e, no caso das dirixidas ás súas Maxestades de Oriente, tamén en persoa.
En concreto, ata o día 5 de xaneiro, os nenos que o desexen poderán depositar as súas cartas para os Reis Magos nas caixas de correos especiais que Correos instalou na Oficina Principal de cálea Oliva de Pontevedra e na oficina da rúa Lameiriña de Marín.
Ademais, o Departamento de Envíos Extraordinarios Virtual pon ao dispor dos nenos e nenas diferentes xogos interactivos e recursos para redactar os seus desexos, personalizar a súa carta e coñecer o percorrido que fai a mesma antes de chegar ao seu destino, ben a Laponia para Papá Noel ou ben ao Afastado Oriente para Melchor, Gaspar ou Baltasar.