Sete aulas de centros escolares permanecen pechadas por COVID na área sanitaria

Pontevedra
29 de setembro 2020

O CEIP Barcelos de Pontevedra, o CPI Mosteiro en Meis e o CPR San Francisco de Vilagarcía son ao 29 de setembro os centros cun maior número de positivos activos, con catro contaxios cada un

Aula baleira no Instituto Valle Inclán de Pontevedra
Aula baleira no Instituto Valle Inclán de Pontevedra / Mónica Patxot

O Servizo Galego de Saúde actualizou este martes os datos de afectación da COVID nos centros educativos de Galicia.

No que respecta ao área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, ata 30 escolas e centros de ensino presentan algún caso activo de coronavirus asociado á súa actividade.

Eses casos fan que, ao 29 de setembro, permanezan 7 aulas pechadas e con seguimento preventivo, sen que ningún centro cesase a súa actividade. Estes peches afectan a dúas aulas do CEIP Barcelos de Pontevedra, onde se contabilizan 4 contaxios na actualidade; ao CPI Mosteiro de Meis (4 casos); ao CEIP Cruceiro de Vilalonga, en Sanxenxo (1 caso); e ás escolas infantís da Parda en Pontevedra (2 casos), Tenorio en Cerdedo-Cotobade (1) e Casa do Mar de Marín (1).

Ademais rexístranse casos activos en:

  • PONTEVEDRA: CPR Calasancio (2), CPR Los Sauces (1), IES Montecelo (2), Colegio Doroteas (2), IES Frei Martín Sarmiento (2), CEIP Santo André de Xeve (1), CEIP A Xunqueira Nº 1 (2), CEIP A Xunqueira Nº 2 (2), IES A Xunqueira Nº 1 (2), CEIP Plurilingüe San Benito de Lérez (1), CEIP Cabanas (1).
  • MARÍN: CPR Plurilingüe La Inmaculada (1), CEP Sequelo Marín (1), IES Mestre Landín (1).
  • SANXENXO: CEIP de Noalla-Telleiro (1), CEIP Plurilingüe Nantes (1).
  • POIO: Escola infantil Sek Atlántico (1).
  • BARRO: CEIP Amor Ruibal de Barro (3).
  • CALDAS DE REIS: CPI Alfonso VII (1).
  • CERDEDO-COTOBADE: CEIP de Tenorio (2).
  • RIBADUMIA: CPI Julia Becerra Malvar (1).
  • VILAGARCÍA DE AROUSA: CPR San Francisco (4).
  • VILANOVA DE AROUSA: IES A Basella (1), CEIP Plurilingüe Xulio Camba (1).