Sete empresas presentan as súas ofertas para a construción do edificio cultural O Revel

Sanxenxo
17 de decembro 2018

Agora, a mesa de contratación, seguirá os prazos de licitación, valorando as ofertas presentadas por Construcciones Álvarez Prol, Civis Global, Copasa, Obras y Servicios Gómez Crespo, Construcciones Ramírez, Copcisa e Prace Servicios y Obras

Estrutura do Centro Sociocultural O Revel, en Vilalonga
Estrutura do Centro Sociocultural O Revel, en Vilalonga

Un total de sete empresas presentaron as súas ofertas para a construción do novo edificio cultural de O Revel.

Despois de moitos anos de espera, o pasado 23 de novembro o goberno local do Concello de Sanxenxo licitaba as obras de construción deste edificio amplo, con dúas plantas que inclúe, entre outros equipamentos, un auditorio e que ten un orzamento total de 1.555.577 euros.

Agora, a mesa de contratación, seguirá os prazos de licitación, valorando as ofertas presentadas por Construcciones Álvarez Prol, Civis Global, Copasa, Obras y Servicios Gómez Crespo, Construcciones Ramírez, Copcisa e Prace Servicios y Obras.

A construción deste edificio interrompeuse en 2008 cando estaba feita a cimentación e unha parte da estrutura, nas que se investiron preto de 200.000 euros.

A parcela na que está situado, en O Revel, ten unha extensión de máis de 2.500 metros cadrados e conta cos servizos de rede de abastecemento de auga e saneamento, enerxía eléctrica e a zona dispón de beirarrúas e iluminación público.